Debido a unha incidencia informática na petición de dias por acumulación horaria, aquelas compañeiras/os que tiveran pedido o día 31 de outbro, deberían de revisar o seu compúto horario así como se o dia solicitado figura como concedido na aplicación da OPAX posto que é moi probable que non o estea e, polo tanto, o cómputo horario estea incorrecto. Para solucionar a cuestión e, so no caso de que estea mal o cómputo horario, debe comunicarse á delegación correspondente o número da instancia de solicitude do día que figura na OPAX a fin de que dende a delegación a poidan validar e computar correctamente como día de permiso.
Comentarios
Publicar un comentario