Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID - 12/01/2017

Onte, xoves 12 de xaneiro, participamos en dúas reunións no Ministerio de Xustiza. A primeira, xunto cos compañeiros vascos de ELA, a efectos da presentación formal do novo Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. A segunda, para negociación das RPTS de Letrados da Administración de Xustiza doutros ámbitos territoriais, a convocatoria de oposicións para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e para o Corpo de Médicos Forenses.
Sindicalmente indicóuselle ao ministerio a necesidade de abordar a negociación e solución doutras cuestións pendentes; como a acumulación de OPES, a convocatoria de procesos específicos de promoción interna, abono o 100% das retribucións nas substitucións, cotizacións á seguridade social anteriores ao ano 1990, negociación definitiva de como vai quedar a situación dos rexistros civís, informatización xudicial, etc. Cuestións sobre as que non se ofrecía resposta algunha e respecto das que dende a CIG requirimos o inicio de forma urxente e inmediata das mesas de negociación oportunas para ir avanzando na súa solución.

Ligazón nota informativa:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeHNPZDBBMWc1Wm8/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing