A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou no DOG do 29 de xaneiro unha nova convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga).
O tipo de cursos convocados son
- Na modalidade de teleformación 24 cursos para os niveis 1, 2, 3 e 4.
- Na modalidade presencial 11 cursos para os niveis 2, 3 e 4, nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo.
Todos os cursos terán lugar entre o 6 de marzo e o 8 de maio e o prazo de incrición é de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 19 de febreiro.
Comentarios
Publicar un comentario