Saltar ao contido principal

CONCENTRACION DIANTE DOS XULGADOS DE BETANZOS


CONCENTRACION CONVOCADA POLA CIG-XUSTIZA DIANTE DOS XULGADOS DE BETANZOS



A Sección Sindical da Administración de Xustiza da CIG na Coruña, ante o anuncio en prensa do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sobre a creación de novos xulgados en Galicia para o ano 2009, ven a manifestar o seguinte:


- Que nos parece intolerable que a decisión dos organismos que nos están a gobernar, que deberían saber cal é a situación actual da Administración de xustiza en Galiza, se basee en cuestións estrictamente políticas e de cara á galería, sen ter en conta as verdadeiras necesidades dos xulgados. Só así se pode entender que non se creen xulgados tan necesarios como o Xulgado de Instrución nº 8 da Coruña ou o Xulgado nº 4 de Betanzos, e si se cree o Xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña, únicamente polo seu efecto mediático, cando se podería solucionar coa creación dun xulgado bis.


- Que sexa o Tribunal Superior de Xustiza o que demande, en detrimento da creación de tres novos xulgados, a creación de tres prazas de maxistrados para as Salas Social e Contencioso-administrativo cando a do Social xa está composta por 18 maxistrados e a do Contencioso por 14, e ademáis contan con xuíces de apoio; por outra banda, a creación desas prazas de maxistrados non ven acompañada de dotación de persoal, polo que esa non é a solución para a situación que viven esas salas.



Todo isto ven a demostrar, unha vez máis, que nin á clase política nin aos órganos de goberno da xudicatura lles importa nada a situación da xustiza, e que importan máis os efectos políticos e mediáticos, e os réditos persoais, que intentar en serio arranxar os problemas existentes.


Ante esta situación a CIG manifesta o seu rexeitamento á proposta efectuada e anuncia actos de protesta dado que a Administración fai oidos xordos ás nosas demandas.

Esta central sindical convoca unha concentración diante da porta dos xulgados desa localidade para o vindeiro venres día 31, ás 12 horas.


Como xa sucedera o pasado día 24, están convocados a esta concentración todos os funcionarios e funcionarias destinados neses xulgados, así como xuíces e profesionais que desenvolven alí o seu traballo.

Agardamos o apoio de todos para conseguir un compromiso do Conselleiro de Xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.