Saltar ao contido principal

A CIG PRESENTA RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA RESOLUCION DE XUSTIZA

Con data de 24 de setembro de 2008 dictase pola Dirección Xeral de Xustiza pola que se fai pública a convocatoria de selección de responsables operativos de calidade o coordinación operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia. Dita resolución foe publicada no DOG con fecha 6 de outubro, sin que se haya negociado o contido de dita resolución. Esta resolución foi dictada pola Dirección Xeral de Xustiza sen ser negociada coa CIG, tal e como e preceptivo, ante o que vimos de presentar RECURSO DE REPOSICIÓN, solicitando que se derogue e deixe sen efecto a resolución.

recurso presentado pola CIG

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da