Saltar ao contido principal

CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

 
CURSOS DE FORMACION DA EGAP.

 


A CIG. a vista do inicio dos cursos de formación a distancia programados pola EGAP, relativos aos programas informáticos EXCEL e ACCESS, solicitou a SUSPENSIÓN dos mesmos e dos prazos para o seu desenrolo, substituidoos por cursos de OpenOffice de CALC  e  BASE,  respectivamente, con base nas seguintes argumentacións:


 


1)      A Xunta non ten instalados nos ordenadores dos xulgados e tribunais ningunha versión nin de EXCEL nin de ACCESS, porque iso suporía o pagamento das correspondentes licenzas a Microsoft, e tal e como está a economía actual dubidamos que no futuro se vaian a instalar os mesmos.


 


2)      Pola contra, a Xunta si ten instalados nos ordenadores dos xulgados CALC e BASE (programas de software libre sen licenza) que substituen a EXCEL e ACCESS en todos os seus aspectos.


 


3)      A maioría dos traballadores  non vai a pagar a licenza correspondente de Microsoft para instalar nos ordenadores da súa casa as versións orixinais de EXCEL e ACCESS, ou acaso a administración autonómica vai promover o uso de versións piratas de ditos programas.


 


4)      Na convocatoria de cursos da EGAP nada se indica dos programas EXCEL e ACCESS, se non que a formación se circunscribe aos coñecementos sobre “Folla de Cálculo” e “Bases de Datos”, polo tanto, existindo unha alternativa gratuita (OpenOffice) entendemos que non se pode empregar o costoso software de Microsoft.


 

            Así mesmo solicitamos apertura da páxinas web externas para os cursos que non se realizan a través da EGAP nin da rede corporativa da Xunta.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno