1º Ante as dúbidas xurdidas entre algunhas compañeiras/os, informarvos que a paga deste mes de decembro efectuarase, como todos os anos, sobre o día 21 ou 22 se os astros nos son favorables.
2º A CIG acaba de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito de protesta baseado na confirmación da non percepción da pequena contía de paga extra que teriamos que percibir en base ao establecido na modificación do Real Decreto-Lei 20/2012 efectuada pola Disposición Final Cuarta da Lei10/2012 de taxas xudiciais. Agora nin tan sequera a administración autonómica e capaz de cumprir coa legalidade vixente imposta polo mesmo partido que goberna en Madrid (PP); non lles chega con quitarnos a paga extra se non que tamén nos quitan emolumentos que a lei nos recoñece. En fin algúns cargos de libre desginación que están a quecer o seu asento (CIXTEC) deberían a lo menos ler as leis que publica o boletín oficial do estado. Agardamos non ter que chegar ao contencioso pois se non veriámonos na tesitura de, para reclamar 100 ou 150 euros, ingresar de taxas un mínimo de 200 euros.
Comentarios
Publicar un comentario