A
DXX ven de cambiar o criterio para resolver as substitucións
verticais grazas á terceira
sentenza gañada pola CIG en Lugo,
pola que se recoñece o dereito das traballadoras/es dos corpos
xerais da Admón. de Xustiza en Galiza a solicitar as prazas en
substitución vertical de calquera localidade da comunidade autónoma,
con
independencia do lugar de destino
dentro dela, e dicir, que unha praza ofertada en substitución
vertical e non cuberta no propio órgano, centro, localidade ou
partido xudicial será outorgada a unha compañeira/o que a tivera
solicitado aínda estando destinada fora do citado partido xudicial,
cós únicos
requisitos
de ter destino en órganos radicados en Galiza, estar en situación
de activo e estar en posesión da titulación académica esixida para
acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
Comentarios
Publicar un comentario