Saltar ao contido principal

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

8 de marzo día internacional da muller traballadora

   

A Comisión de mulleres da CIG decidiu elixir en cada comarca unha empresa en conflito para concentrarse. A consigna deste ano é “FARTAS, levaranse cartazes explicativos de porque as mulleres están Fartas e unha faixa co lema  “Loitando polos nosos dereitos”



As concentracións pola mañá serán:
* A Coruña, 8 de marzo, as 12 h - Empresa Eurocen
* Compostela, 8 de marzo, as 12 h - Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza - Area Central.
* Lugo, 8 de marzo, as 12 h - Gran Hotel de Lugo
* Ourense, 8 de marzo, as 12 h - Confederación de Empresarios/as
* Pontevedra, 6 de marzo - Praza 8 de marzo.
* Ferrol, 8 de marzo, 12 h - Centro Comercial Odeon
* Vigo, 8 de marzo , 12 h - El Corte Inglés
Pola tarde haberá concentracións convocadads pola Marcha Mundial das Mulleres as 20:00 horas en Vigo (Praza de Portugal), Ourense, Cee e Ferrol e concentración cidadá na Coruña (Obelisco) as 20:00 horas.
O Sábado día 9 de marzo, as 12:30 Horas en Compostela, dende a Estación dos Ferrocarrís, marcha nacional co lema "Mulleres Galegas en Loita polos nosos Dereitos"
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing