O Ministerio acaba de confirmarnos que, con toda probabilidade (se non se remedia no Consello de Ministros de hoxe 22 de marzo) a oferta de emprego público para este ano 2013 será de tan só 242 prazas para o corpo de Xestión (121 libre e 121 promoción) e 58 prazas para o corpo de Secretarios Xudiciais (29 libre e 29 promoción).
Segundo a conversa mantida, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, nun primeiro momento autorizara ao Ministerio de Xustiza unha oferta de emprego público dunhas 1000 prazas entre os distintos corpos, pero no día de onte mudou de criterio e tan só autorizou a convocatoria de 150 prazas da quenda libre de Xestión e Secretarios Xudiciais.
En fin, que o ministro Sr. Gallardón vese que neste tema non ten o peso específico que poidera parecer, en contraposición con outras cuestións defendidas a capa e espada por dito ministro como se fose o mismísimo Cid Campeador. Neste tema o ministro Sr. Montoro acaba de darlle un capotazo e torear ao ministro Sr. Gallardón como se fora un pequeno novillo.

Resume Real Decreto OEP 2013

Resume Real Decreto OEP 2013
Comentarios
Publicar un comentario