O Consello de Ministros, por proposta do ministro de Xustiza Alberto Ruiz-Gallardón, aprobou, para a súa remisión ao parlamento, o proxecto de Lei de medidas de reforma administrativa no ámbito da Administración de xustiza e do Rexistro Civil, polo que, por un lado, se incorporan as poxas xudiciais ao portal único de poxas electrónicas do Boletín Oficial do Estado
(BOE), e, por outro, se permitirá a tramitación electrónica dos
nacementos e defuncións dende os centros sanitarios, o que evitará que
os proxenitores teñan que desprazarse para inscribir a/o nena/o acabada/o de
nacer ou que os familiares teñan que procurar a inscrición do falecemento acaecido nun centro hospitalario.
Comentarios
Publicar un comentario