Dado que na actualidade se atopa en tramitación parlamentaria no Congreso dos Deputados a modificación da Lei orgánica 6/1985 do Poder Xudicial que, entre outras cuestións, recolle a modificación do artigo 503, restituíndo no ano 2018 a situación previa á adopción de medidas derivadas da crise económica e recollidas nas disposicións contidas na Lei orgánica 8/2012, a administración autonómica considera oportuno suspender provisionalmente as previsións recollidas no artigo 10 da resolución de horarios, deshabilitando no sistema Kronos, con efectos do día 1 de xaneiro de 2018, a opción da bolsa de horas anual resultante da acumulación do exceso de horario flexible; todo o anterior, con independencia de que, se finalmente non se aprobase a modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo do poder xudicial durante o vindeiro ano, se levantara a dita suspensión.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario