Despois de máis de oito meses de rematar a folga da Xustiza, hai delegadas e delegados sindicais que están a sufrir REPRESIÓN SINDICAL por exercer o seu labor durante a folga.
É o caso da nosa compañeira Chelo Rodríguez, que está pendente dun expediente disciplinario e dun xuízo que se segue en Instrución nº 1, por mor dunha denuncia da letrada de Penal 6, que elevou ao xulgado a Fiscalía. Nestas dilixencias previas, tamén está sendo investigado o noso compañeiro Javier Fernández Castro, que naquel momento era delegado sindical.
Por este motivo, a CIG fai un chamamento para unha concentración na defensa da liberdade e o traballo sindical e en apoio aos compañeir@s investigados.
CONCENTRACIÓN
VENRES 18 DE XANEIRO ÁS 11.30 H.
DIANTE DOS XULGADOS NA RÚA MONFORTE
Comentarios
Publicar un comentario