Saltar ao contido principal

CURSOS BÁSICOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS - EGAP

Convocatoria de CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO PARA PERSOAL EMPREGADO/A PÚBLICO/A, TRABALLADOR/A POR CONTA ALLEA OU AUTÓNOMO/A, EMPRESARIO/A E PERSOA CON INQUIETUDES NO ÁMBITO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de agosto ao 1 de setembro de 2021.
 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Desenvolvemento:

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas.

Edicións: tres.

Datas: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021.

Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas. A elección dunha ou outra forma de realización das probas, dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.

Prazas: 100 por edición.

Contido:

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e a súa prevención.

3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.

4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.

5. Primeiros auxilios.

6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
 
Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración