Saltar ao contido principal

PRAZAS VACANTES TERRITORIO MINISTERIO E INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA CONCURSAR

Segundo se publicou na páxina web do Ministerio de Xustiza, con carácter previo ao anuncio do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión  PA, Tramitación  PA e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, infórmase das actuacións necesarias a realizar polos concursantes, relativas ao acceso ao sistema Cl@ve, antes do anuncio do concurso no Boletín Oficial do Estado.

Igualmente danse a coñecer, a efectos meramente informativos, as prazas vacantes totais existentes na actualidade no ámbito do Ministerio de Xustiza.

No ficheiro que se achega na ligazón, o número de vacantes dividiuse en tres columnas, as vacantes totais (VACANTES TOTAL), das cales se detraeron as prazas desertas que se ofreceron ou se van a ofrecer aos aspirantes aprobados ou que aproben na  OEP 2017-2018 (DESERTAS  OEP 2107-2018), e as prazas que van ser anunciadas ao concurso ordinario 2021 (VACANTES CONCURSO 2021).

Se desexan realizar algunha observación sobre as prazas pódense dirixir ao correo: concursos.admonjusticia@mjusticia.es​

Ligazón información Cl@ve:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/INFORMACION%20ACCESO%20CLAVE.PDF.pdf

Ligazón prazas vacantes territorio Ministerio:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/VACANTES%202021%20INFORMACION.xlsx

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr