Saltar ao contido principal

ÚLTIMA HORA SOBRE LISTAXES URXENTES DE LAX SUBSTITUT@S

O prazo remata o martes 8 de novembro.  

Hai que presentar un escrito coa documentación, tal e como se establece na Base Decimosexta "...16ª. Ata a entrada en funcionamento das bolsas que se constitúan conforme a esta resolución, na provincia na que non existan candidatos na lista principal nin na de reserva das bolsas vixentes poderán ser chamados aqueles que cumpran os requisitos para formar parte das mesmas conforme ao disposto na Base Oitava (8ª). A este fin, as persoas interesadas dirixirán a súa solicitude na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Se ditas solicitudes foran presentadas a través das oficinas de correos deberán ir en sobre aberto para ser datadas e seladas polo persoal correspondente antes de ser certificadas, achegando a acreditación dos requisitos de experiencia realizando substitucións, exercicios de oposición aprobados e antigüidade no corpo de xestión no seu caso. As solicitudes dirixiranse ás Secretarías de Coordinación Provincial ou Secretaría de Goberno, no seu caso, en cuxas bolsas desexen incorporarse, no prazo de dez días desde a publicación da presente convocatoria..."

NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES POR CORREO ELECTRÓNICO OU POR CALQUERA OUTRO MEDIO QUE NON SEXA O XA INDICADO ANTERIORMENTE.

Se o facedes polo rexistro electrónico da rede SARA (https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do) hai que dirixilo á Secretaría de Goberno, xa que as Secretarías de Coordinación non teñen buzón. Hai que buscar no destinatario "Nivel de administracion: Administración de Justicia" e "Comunidade autónoma: Galicia".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing