Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25/11/2022

Saíu publicada na intranet a Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 2 de decembro) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría.

Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar dentro do prazo establecido. En estado borrador pódese eliminar a solicitude. Para rematar o proceso debe de achegarse a documentación pertinente e non esquecerse de facer clic no botón de asinar e presentar a solicitude, posto que se non se da este último paso a solicitude non se dará por presentada.

Ligazón convocatoria:

https://drive.google.com/file/d/1xsSOv5PgfuIfn55ZFfxC51Ovp2eb0RfH/view?usp=sharing

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing