Saltar ao contido principal

EIVAS NOS ASEOS "EXHIBICIONISTAS" DO IMELGA DE VIGO

Desde a central Sindical CIG, por medio da presente, quixeramos poñer en coñecemento da administración outras das moitas eivas coas que conta o novo edificio Xudicial da Cidade da Xustiza como é, por exemplo, a falta de intimidade dos baños dos equipos psicosociais e de médicas forenses do Imelga. Tal e como pode observarse na foto, os aseos están á vista dos viandantes que transitan pola parte traseira do edificio que linda coa rúa Vázquez Varela. Cabe sinalar que estes aseos estaban previstos para o seu uso polo persoal masculino (curiosamente o aseo máis grande) pero, dado o numero de traballadoras do Imelga, estas son as que o están a utilizar, posto que a outra alternativa é o aseo mixto para persoas de mobilidade reducida, que tamén ten unha porta de entrada pola que dificilmente podería pasar unha cadeira de rodas. Nestas dependencias non hai polo tanto un terceiro baño exclusivo para traballadores cando en todas as dependencias do edifico xudicial hai tres tipos de aseos.
Visitadas por este sindicato, o resto das novas instalacións do equipo psicosocial e de médicas forenses, ademais de que o corredor e relativamente estreito e que as tiras led laterais de iluminación teñen unha elevada luminosidade que cega ao seu paso, hai un cheiro insoportable a cañerias, así como que non contaron cunha salita de espera para as/os cidadans que acuden á forensia, xa que tivo que habilitarse un despacho para tal función e non existe rotulación das distintas dependencias. Así mesmo tampouco se vai a habilitar a entrada da rúa Vazquez Varela; entrada natural para o Imelga, facendo que toda a cidadanía que ten que acudir a ditos servizos teña que acceder pola entrada principal e subir toda a costa de conexion entre dita entrada e as dependencias do Imelga.
Non entendemos como se realizou o traslado de todos os funcionarios ao novo edificio xudicial sen pasar, como reclamamos xa varias veces, a evaluación das instalacións polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais (o cal se espera aínda para xuño).
 
Ligazón escrito presentado:

Tamén parece inconcibible que se estea erixindo unha fonte na praza situada ante a Cidade da Xustiza, co custe desorbitado que iso vai supoñer xunto co de iluminación, que se conseguiran de fondos europeos a través do INEGA, coa escusa seguramente dun suposto proxecto de eficiencia enerxética, estando o edificio cheo de anomalías sen arranxar, como escasa sinalización, eco tanto na macrosala como nos xulgados, concretamente nas dependencias das funcionarias/os, extintores mal colocados, falta de separación entre a saída do ascensor de público e os traballadores, botóns dos ascensores do anexo que non corresponden co piso, desnivel do vestíbulo de entrada, humidades por debaixo dos vidrios de separación da praza, etc.
Por todo o cal parece intuírse que máis que un edificio feito para a funcionalidade de todos os traballadores do ámbito xudicial, realizouse un monumento de cara a galería (moi idílico... pero pouco funcional).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr