Detectado un problema na consulta dos trienios amosada no expediente
electrónico, infórmase de que se trata dun erro na súa visualización,
sendo correctos os datos manexados na aplicación informática de xustiza.
Iniciados os traballos para resolver a incidencia, informarase a través
desta mesma canle no momento no que o problema sexa solventado, polo
que non se atenderán as solicitudes de modificación deste apartado ata
que os datos amosados sexan os contidos na aplicación.
Tamén se constataron problemas nos cursos de formación que aparecen na aplicación así como nos de linguaxe xurídica galega que esperemos se resolvan de igual xeito por parte da administración así como coas alegacións que se vaian realizando.
Este aplicativo do expediente dixital de persoal resultará moi importante e útil para, no futuro, non ter que seguir aportando ningún tipo de documentación en concursos, etc.
Comentarios
Publicar un comentario