Por se a algúen lle quendan dubidas sobre o contido da súa nómina de Agosto, en relación coa contía que como devolución do último pagamento da extra de 2012 fixo a nosa ben querida comunidade autónoma (despois de outros catro prazos), indicarvos que ao importe que por ese concepto se nos pagou debe de sumarselle aquel outro importe que se nos devolveu en febreiro de 2013, en virtude dunha modificacion operada por la Lei 10/2012 de taxas xudiciais, na que na súa Disposición Final Cuarta equiparaban a retención da nosa paga extra co importe que se ia reter aos funcionarios da administracion xeral do estado, segundo os respectivos grupos. Como a nosa paga extra era máis grande que a ditos funcionarios, de aí a devolución operada pola administracion no citado mes de febreiro de 2013.
A lectura que hai que facer desta devolución da paga extra e que non foi unha decisión graciosa da administración, se non que a mesma se acadou polas múltiples sentenzas gañadas, entre outras, por esta central sindical, o que provocou que non lles quedara máis remedio que pagar a totalidade da paga extra a todas/os as/os compañeiras/os de xustiza.
Esa mesma lectura hai que facela sobre a devolución do CAT dos meses de Xaneiro e Febreiro de 2013 na que esta vez, a administración autonómica, tampouco lle quedou outra que devolver os importes correspondentes, indebidamente retidos, en base as múltiples sentenzas e conflictos colectivos prantexados dende esta central sindical. Mirade se ian chegar a ser ruins nesta devolucion que, a pesares de ter que facer as cousas obrigados polos tribunais, o prantexamento incial era devolver esa contía en dous prazos (un este ano e otro o ano que ben). Como puidechedes comprobar había cartos este mesmo ano y mira ti por onde, xusto antes do proceso electoral, se nos fixo o ingreso de ambas contías. Agora reflexionade para as vindeiras eleccións autonómicas.
Comentarios
Publicar un comentario