Ante a “presunta” inminencia do
traslado de dependencias xudiciais ao edificio da Fábrica de Tabacos, a
Xunta de Persoal da Administración de Xustiza da Coruña DENUNCIA:
- Que a pesar de
reiteradas peticións, a Administración non permite nin a este órgano nin aos
sindicatos a visita ao edificio para comprobar o seu estado; tampouco os
membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral inspeccionaron as instalacións.
Isto non só supón un “ninguneo” ao persoal que vai prestar alí os seus servizos senón
que oculta á cidadanía a situación das dependencias nas que , entre
outros, se van atender a menores e das
que non nos consta que garantan a súa privacidade.
- Que non temos información, nin oficial nin oficiosa, de cando nin como se
vai producir o traslado dos órganos. Iso provoca que se estea a citar a xente
para acudir ás actuais dependencias xudiciais nos vindeiros meses sen ter a
seguridade de que nesa data sigan estando na mesma localización. Lembremos que
o traslado non só afecta aos órganos que se recolocan en Tabacos senón tamén aos que se desprazan de Matogrande
ao edificio da Audiencia Provincial actual.
- Que non sabemos como se vai solucionar, unha vez producida a mudanza, o
problema do carrexo de expedientes entre a Fiscalía e o resto de órganos
xudiciais da cidade. Porque a día de
hoxe o expediente dixital na Xustiza non existe nin se prevé que exista en
breve, o que supón que os procedementos en papel van ter que andar de viaxe
entre a praza de Monforte e a da Palloza. Ata o de agora o traslado entre
edificios facíase con carros de supermercado, situación impensable trala
mudanza, pero é que ademais o sistema a empregar ten que ser moi áxil para dar
un servizo eficaz e que non se produzan dilacións indebidas, por exemplo, á
hora de decretar a liberdade dalgún/ha
preso/a.
Estando así as cousas, esta Xunta de persoal anuncia que, como non se
solucione esta situación en breve prazo de tempo, se adoptarán medidas de
protesta por parte do funcionariado.
Ligazóns noticias:
http://www.cig.gal/nova/o-persoal-dos-xulgados-da-coruna-ten-un-desconecemento-absoluto-de-cando-e-como-se-fara-o-traslado-ao-novo-edificio.html
http://cadenaser.com/emisora/Ligazóns noticias:
http://www.cig.gal/nova/o-persoal-dos-xulgados-da-coruna-ten-un-desconecemento-absoluto-de-cando-e-como-se-fara-o-traslado-ao-novo-edificio.html
Comentarios
Publicar un comentario