A Administración Central, tarde, mal e arrastras, sen dar lugar a ningún tipo de negoaciación (tal e como por desgraza nos ten acostumbrados), acaba de trasladarnos a oferta de emprego público deste 2017 que, en total, sacará para ser cubertas 3.699 prazas para todos os corpos da Admón. de Xustiza, dos que 625 prazas serán para promoción interna; número de prazas moi por debaixo do 50% solicitado pola CIG na mesa sectorial. Agora haberá que agardar á convocatoria destas prazas que, non será moito máis pronto que no 2018 e de seguro que, moi ao noso pesar, será polo sistema de concurso-oposición.
Comentarios
Publicar un comentario