Saltar ao contido principal

ACLARACIÓN CONVOCATORIA OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE MÉDICOS FORENSES

En relación coas dúbidas surdidas en canto á convocatoria do Corpo Nacional de Médicos Forenses, publicada por Orde JUS/626/2019, de 28 de maio, cabe sinalar que esta convocatoria vese afectada por la Orde JUS/291/2019, de 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexirán os procesos seletivos para o ingreso nos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza. Todo iso porque, como consecuencia do establecido no Real Decreto 954/2018, de 27 de xullo, que aproba a oferta de emplego público de estabilización para o personal da Administración de Xustiza, se ten modificado o modo de calificación do sistema seletivo. Deste modo, ditas Bases Comúns veñen a modificar as anteriores, publicadas pola Orde JUS/875/2017, de 8 de setembro, pola que se rexía a anterior convocatoria de Médicos Forenses, publicada por Orde JUS/350/2017, de 28 de marzo.
Así, si ben o Anexo I A 1.5 da anterior convocatoria establecía a reserva de nota “a los aspirantes que obtengan en cualquiera de estos ejercicios una puntuación igual o superior al 60% de la nota máxima prevista en los en los párrafos que anteceden, se le conservará la nota para la convocatoria inmediatamente posterior siempre que el contenido del temario, los ejercicios y su modo de calificación sean idénticos”, como consecuencia do sinalado, a forma de calificación ten variado.
Sen embargo, na convocatoria publicada referida ás Ofertas de Emprego 2017-2018, sí se establece no apartado I.B letra C do Baremo de méritos, que se poderá obter un máximo de 13 puntos “Por ejercicios aprobados de los procesos de las convocatorias de las Ofertas de Empleo Público de los años 2015 y 2016 de cualesquiera de los Cuerpos de la Administración de Justicia


Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración