A Área Pública da CIG, a pesares de ter estado negociando a semana pasada e principios da presente a inclusión da regulamentación do teletraballo no EBEP, para o seu futuro desenvolvemento polas respectivas administraccións públicas, decidiu, ao igual que o resto de centrais sindicais, non asinar o acordo presentado polos respresentantes da Administración Xeral do Estado, toda vez que as modificacións aceptadas non se ian incluir no corpo do texto articulado, se non simplemente na exposición de motivos da lei, polo que dificilmente isto ía obrigar ás administracións ao seu
cumprimento, dificultando isto a posibilidade de chegar a un acordo nesta mesa xeral. Coma sempre, a adminsitración escorre o bulto cando ten que regulamentar obrigas para si mesma e neste caso, cos orzamentos do estado na corda frouxa, a negociación coas outras administracions autonómicas ia condicicionar e de feito condicionou esta negociación, posto que hai apoios significativos autonómicos que non deben verse prexudicados pola presente regulación do teletraballo e das obrigas que isto poidera acarrexar.
Ligazón:
https://www.cig.gal/nova/a-cig-non-asinara-o-acordo-co-ministerio-sobre-traballo-a-distancia.html
Comentarios
Publicar un comentario