O próximo venres, 17 de xuño, publicarase no DOG a Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario