Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 20 de xullo) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web https://www.xunta.es/sxpa/AIX/
E moi importante que non vos esquezades de validar a solicitude pois se non, doutro xeito, quedará en borrador e terase por non presentada.
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220629/AnuncioV0654-140622-0004_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario