Saltar ao contido principal

MESAS DE NEGOCIACIÓN MADRID - MINISTERIO DE XUSTIZA

O 16 de xuño asistimos a dúas mesas en Madrid para abordar a reforma dos sistemas de substitucións de letrad@s e dos corpos xerais.
En canto aos LLAX, a Administración quería aprobar un plan de actuación para pagar o 80% do complemento de destino e do específico, pero foi rexeitado pola parte sindical, solicitando que se paguen todas as que se realicen, que seu abono chegue ao 100% dos complementos e que sexa con efectos retroactivos dende o ano 2019, que foi cando se aprobou o RD que posteriormente foi anulado xudicialmente por vulnerar o dereito á negociación colectiva.

En canto ás substitucións dos corpos xerais, a Administración amosou a súa disposición a modificar o RD para evitar que o persoal de xestión perda a súa praza cando accede a unha substitución de LAX.

A CIG solicitou que se elaboren unhas bases comúns sobre as substitucións en todos os corpos, baseándose no dereito á promoción profesional e na retribución de todas as que se fagan, incluíndo non só as do corpo de letrad@s senón tamén as do resto, especialmente as que realiza o corpo de auxilio.

A Administración tamén presentou (non é sen hora) un borrador para iniciar a elaboración do Plan de Igualdade da Administración de Xustiza, que se pretende que supoña un mínimo do que partan as Administracións territoriais para a elaboración dos propios.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1f3qPQxnfmftTi_v4elR5vDKpDruz8ciY/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".