Saltar ao contido principal

POR FIN CONSEGUIUSE MANDAR UN EXPEDIENTE DIXITAL ENTRE DISTINTAS PLATAFORMAS

Para o Director Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza, Sr. Aitor Cubo, é todo un logro que no século XXI por fin se poida mandar un expediente dixital dende unha comunidade autónoma ao Tribunal Supremo. E todo isto sen ruborizarse nin o máis mínimo, nin entonar o mea culpa nin o dos seus antecesores no cargo. O Minsterio, na mal chamada co-gobernanza coas comunidades autónomas, segue a teimar en manter 9 aplicativos de xestión diferentes en todo o territorio do estado forzando a interoperabilidade efectiva dos mesmos no canto de optar por una aplicativo moderno e único para todo o territorio como se fixo con FORTUNY e con DICIREG.

Ligazón CONFILEGAL:

https://confilegal.com/20220625-los-diferentes-sistemas-de-gestion-procesal-de-la-justicia-por-fin-hablan-entre-ellos/?utm_source=newsletter&utm_medium=email&utm_campaign=una_sentencia_del_supremo_abre_el_camino_para_que_los_autonomos_paguen_el_iva_cuando_lo_hayan_cobrado&utm_term=2022-06-27

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".