Saltar ao contido principal

XUNTANZA PARA O DESPREGAMENTO DO NOVO REXISTRO CIVIL

A CIG ven de reunirse en Madrid coa Directora Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública. A reunión versou sobre o estado do Proxecto do Novo Modelo de Rexistro Civil e o seu despregamento.

Actualmente está en funcionamento en Barcelona e Madrid. Está previsto que en xullo entre en funcionamento en Murcia, en setembro en Tarragona e en outubro en Valladolid.

En Galiza empezarase polas Oficinas Xeral da Coruña e Vigo, xunto coas súas Oficinas Colaboradoras (Baiona, Gondomar e Nigrán, no caso de Vigo, e Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo e Oleiros, no caso da Coruña).

Primeiro, reúnense nun grupo de traballo, integrados por persoal do Ministerio de Xustiza, da Xunta, as LAX dos rexistros civís implicados, e as Letradas Coordinadoras. Neste punto, dende a CIG propuxemos que tamén se lle dese participación ás compañeiras dos corpos xerais alí destinadas, ó que a DXSXFP accedeu. (No noso país xa nos atopamos nesta fase).


O seguinte paso é formar ós formadores. Os Ministerio de Xustiza da a formación técnica ó persoal que a Comunidade designe. Estes serán os encargados de formar ó persoal que traballa nos RC. Recibiremos formación tecnolóxica e técnica presencial de curta duración e en rede ata completar unhas 40 horas. Neste punto insistimos na necesidade de facela coa programación oportuna e flexibilidade nas datas xa que estamos en período vacacional e o servizo público tamén ten que estar debidamente atendido.

O seguinte paso é, unha vez deicida a data de entrada en funcionamento do novo modelo, ditar e publicar no BOE a oportuna resolución. Con iso, xa se bota a andar o RC en DICIREG. Esa entrada en funcionamento faise pilotada presencialmente por técnicos e cunha duración de 15 días. Tamén temos acceso a unhas guías de tramitación que se actualizan periodicamente e cóntase cun CAU propio divido en dúas seccións, unha para as incidencias tecnolóxicas e outra para as dúbidas de tramitación.

Son conscientes dalgunhas deficiencias e fallos do DICIREG e xa teñen unha nova versión que pronto van a instalar. Están abertos as achegas e melloras que se lle fagan chegar. Contan que en setembro as defuncións xa cheguen ó RC cos datos incorporados ó DICIREG gravadas dende os centros hospitalarios, do mesmo xeito que hoxe chegan os nacementos. O mesmo acontecerá coas notarías, no caso dos casamentos, e as oficinas do DNI xa consultarán elas directamente o programa, evitando así a necesidade de expedir as certificacións literais a eses efectos.

Dende a CIG trasladámoslle a necesidade da negociación e publicación inmediata do Regulamento do RC. Entendemos que hai que darlle saída legal a determinadas cuestións que a Lei 20/21 non desenvolveu, como poden ser as delegacións. Non é normal que por agardar pola sinatura do encargado un mero trámite quede parado e non se poida seguir coa tramitación de expedientes, inscricións.... Igual de necesaria consideramos a negociación das RPT,s onde se recollan todos os postos e se doten cos complementos salariais axeitados ás novas tarefas e responsabilidades que asuma cada posto. Tamén consideramos preciso que todas as Oficinas Colaboradoras conten con persoal da Administración de Xustiza. 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1bxbIS4qWsOJhMhzOqw72BIfyPRv4_2V_/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".