Saltar ao contido principal

ATASCO E SITUACIÓN CAÓTICA NOS XULGADOS DO SOCIAL DE COMPOSTELA


O sector de Xustiza da CIG ven a denunciar a situación caótica e intolerable que está a acontecer nos Xulgados do Social de Santiago de Compostela. 
Se ben a situación da xurisdición social na capital é endémica derivada de cambios de xuíces titulares, falta de cobertura de prazas e creación dun terceiro órgano infradotado, dende hai cinco anos a situación é insoportable.  O incremento de traballo ven debido á crise financieira actual,  que provocou que o volume de asuntos presentados nos órganos compostelanos supoña que soporten o maior número de  casos pendentes de España. 
O “Informe de órganos que sobrepasan o 150% da carga de traballo a data 31/12/2013” elaborado polo Consello Xeral do Poder Xudicial reflicte que os casos pendientes nos Xulgados do Social compostelanos son os seguintes:
XULGADO DO SOCIAL NUMERO 1 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA        2.256 casos Ptes
XULGADO DO SOCIAL NUMERO 2 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA        2.314           
XULGADO DO SOCIAL NUMERO 3 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA        1.085          
Esto supón que, na actualidade, o tempo de espera para celebrar un xuízo por despedimento non baixe de un ano e as reclamacións de cantidades e cuestións de Seguridade Social superen os tres e ate os catro anos. Esta situación é insostible e intolerable e supón unha total indefensión para o cidadán que se ve obrigado a acudir á xustiza, que por lenta se volve inoperante. En multitude de ocasións este retraso deriva en que, no tempo que se tramita o procedemento xudicial, a empresa desapareza e os traballadores e traballadoras queden sen cobrar, cando de ter sido máis dilixente habería posibilidade de recuperar algo do adebedado. 
Esta situación xa foi denunciada tanto pola xudicatura ante o Consello Xeral do Poder Xudicial como por avogados/as e persoal funcionario, pero o único que se fixo dende a Administración é dotar dunha praza de maxistrado de reforzo para os tres xulgados, que, vistos os datos actuais, non serviu para baixar a pendencia existente e cuxa continuidade está agora en dúbida. Dende un principio se vislumbrou como insuficiente, tendo en conta que noutras localidades galegas se dotaron os reforzos con máis persoal (secretarios/as e funcionarios/as) para cada dous órganos.  
A solución a todo este despropósito é a creación dun cuarto Xulgado do Social en Compostela, que alivie a carga de traballo existente. Non só os números da capital o poñen de manifesto, senón que se procedemos a facer comparanzas, observamos como ciudades como Pontevedra, con menor número de casos, teñen catro órganos do Social. 
Mentres non se produce a creación dese cuarto xulgado, urximos de todas as Administracións e órganos  competentes (Consello Xeral do Poder Xudicial, Ministerio, Dirección Xeral de Xustiza) a creación de máis de un Xulgado de reforzo dotado de xuíz/a, secretario/a e persoal funcionario ate que se poñan ao día do retraso que sofren tanto o persoal funcionario que aí traballa como os avogados/as,  e sobre todo, a cidadanía compostelá. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da