Saltar ao contido principal

ASÍ TRATA A XUNTA DE GALICIA AOS NOSOS MORTOS

Recentemente realizouse en Vigo, a instancias da CIG, unha visita do Servizo de Prevención de Riscos Laborais ás salas de autopsias de Vigo, sitas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Peña. Curiosamente temos que centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Péña. Curiosamente temos que centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas neste último hospital,dependente do Sergas (as instalacións do Vigo Memorial estarían correctas, pola conta que lles ten, ao tratarse dunha empresa privada que, se recibise unha inspección desfavorable, mesmo da inspección de traballo, podería acarrexar o peche das súas instalacións, pero iso resulta de todo imposible que ocorra nunha instalación pública, porque a propia administración non se vai a prexudicar a si mesma). A problemática e que durante moitos anos as instalacións do Nicolás Peña foron adaptadas, como se soe dicir, daquela maneira, e o que antigamente era unha sala mortuorio (simplemente para preparar os cadáveres para que foran recollidos polas respectivas empresas de pompas fúnebres), acabou por converterse nunha mala sala de autopsias (mellor iso, que facer as autopsias nunha mesa de pedra no cemiterio de Pereiró).
A expensas do que diga o informe de valoración de riscos laborais, imos detallar a continuación a seria problemática e eivas ás que se teñen que enfrontar, día si e día tamén, as auxiliares de autopsia e as/os médicos forenses adscritos á Subdirección do Imelga de Vigo: 1)Os carros de lencería sucia do hospital Nicolás Peña transitan e se almacenan temporalmente no mesmo pasillo polo que teñen que entrar/sair os cadáveres. 2) A sala de autopsias linda coa cociña do hospital Nicolás Peña, polo que os residuos que saen da cociña quedan almacenados nos respectivos colectores na mesma zona de entrada dos coches fúnebres que traen os cadáveres, e dicir, os nosos mortos entran e saen polo mesmo sitio por onde se almacenan os desperdicios do hospital. 3)O acceso á sala de autopsias non ten ningún sinal luminoso de prohibición de entrada cando se está a traballar nunha autopsia nin unha circulación diferenciada (calquera persoal do hospital -e mesmo algún paciente- pode chegar a entrar, por erro, na sala de autopsias. A solución actual foi poñer unha condena na porta do corredor de acceso a dependencias o que provoca que só dende dentro se poida desbloquear esa porta, cando o normal sería que o desbloqueo se puidera realizar, polo persoal autorizado, tanto dende un lado como dende o outro 4)A sala ten unhas ventas que dan acceso a un camiño público e se usan para ventilar dita sala, sobre todo si se emprega formol para mostras (material que actualmente esta considerado como canceríxeno).Un dos problemas e que ademais a sala de autopsias carece de atmosfera negativa e moitísimo menos de campá para os vapores do formol. 5) Non hai unha zona intermedia entre a sala de autopsias e o pasillo de acceso de cadáveres polo que se calquera dos médicos forenses ou auxiliares de autopsias ten que sair para calquera cousa (mesmo para acudir ao baño)ou sae vestido coas batas e calzado de traballo ou o ten que quitar na propia sala de autopsias. 6)Non hai unha sala de húmedos-sala de mostras. 7)A mesa de autopsias non é regulable en altura, polo que o persoal debe de subirse a determinados chanzos para poder facer correctamente a súa labor. 8) As cámaras frigoríficas non se adaptan e ensamblan correctamente á padiola de traslado de cadáveres, polo que sacar aos mesmos da cámara frigorífica e trasladalos ata a mesa de autopsias resulta un verdadeiro problema. 9)Non hai unha grúa para o movemento dos cadáveres, se resultara necesario. 10)Non hai vestiarios diferenciados por sexos. Existe unha única ducha cuxo desagüe tarda minutos en librar o auga alí estancada. No vestiario non hai inodoros, se non que hai que utilizar uns externos que existen no corredor de acceso. 11) Se descoñece se o persoal de limpeza cumpre co protocolo de limpeza establecido para unha sala de autopsias. Curioso é que segundo a “Guia de Procedimientos de Limpieza en el Medio Hospitalario” del Sergas http://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/1168/procedementos_limpeza.pdf unha sala de autopsias está catalogada como de Risco Medio no canto de como Risco Alto. 12)Se descoñece se a instalación eléctrica da sala de autopsias cumpre coa instrución ITC BT 38 do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión, que regula as instalacións eléctricas en quirófanos e salas de intervención. Agora digan vostedes, como lectores deste comunicado, se os profesionais que traballan nelas (auxiliares de autopsias e médicos forenses) non deberían estar ascendidos aos altares pola súa dedicación nestas condicións, e se estas instalacións non deberían estar pechadas e sancionados os responsables da administración por mantelas neste estado. Polo tanto, cabe preguntarlle ao Sr. Rueda, Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Xustiza, se non nos merecemos en Vigo unhas instalacións propias e acorde cos tempos nos que estamos e con previsión de futuro. Esta última reflexión ven a colación polas propias manifestacións do Conselleiro na comision de seguemento das obras da Cidade da Xustiza en relación coa nova ubicación que se pretendía do Imelga e das súas salas de autopsias nos Anexos I e II do antigo Hospital Xeral de Vigo (estariamos outra vez en mans do Sergas) pode que nin tan sequera fora de todo correcta e que ao final todo quedara como está na actualidade. Dende a Xunta de Persoal na citada Comisión de Seguimento das Obras da Cidade da Xustiza (dado que en todo o proxecto iamos ter unha grandísima cantidade de superficie a disposición das distintas dependencias xudiciais, mesmo para futuras creacións de unidades xudiciais cara ao futuro –ou a lo menos asi nos foi vendido-), que todo o Anexo I albergase a sede da Subdirección do Imelga con todas as instalacións inherentes a mesma, tales como despachos, salas de atención ao público, salas de menores, servizos psicosociais, salas de formación, salas de autopsia, cámaras frigoríficas e, por que non, pedir ao Ministerio de Xustiza unha sede desprazada do Instituto Nacional de Toxicoloxía que dera servizo ao noroeste peninsular para, desta maneira, ter unhas instalacións acordes con esta cidade, que ten aeroporto, porto e unha grandísima área de influencia (todo o sur da provincia). Pois non señor, ao parecer todo vai quedar como estaba ata o de agora e os nosos mortos seguirán a ter un trato que non se corresponde coa seriedade da labor realizada polas/os médicos forenses que, non e outra, que dar respostas non só aos xulgados, se non aos parentes, sobre a causa da morte do seu familiar ou achegado.

Ligazón prensa "La Voz de Galicia"
 
Ligazón prensa "Faro de Vigo":

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración