Saltar ao contido principal

PUBLICACIÓN "ESCALAFÓNS" XUSTIZA

Recentemente o Ministerio indicou que xa tiña publicados na súa plataforma os "escalafons" actualizados.
Algunha central sindical, aproveitando dita comunicación e, para gañar un tanto pola súa axil xestíon,  xa botou por fora ao colgarse unha medalla sobre a publicacion na OPAX dos "escalafons" actualizados, conquerindo o que ninguen máis puido conquerir da Xunta de Galicia. Pois a isto hai que dicir o seguinte:

1) O número de escala de cada un xa ven sendo publicado no apartado do expediente dixital persoal da OPAX dende fai bastante tempo.

2) Esa central sindical non conqueriu nada salientable (salvo que o de que esté actualizado a 2016 sexa considerado como tal), xa que en territorio ministerio teñen acceso real á totalidade do "escalafón" (como ten que ser), mentras que nós seguimos a ter só acceso ao noso propio número de escala porque, entre outras cousas, carecemos de acceso á plataforma do Ministerio de Xustiza, así que a Xunta de Galicia fíxolle pouco ou ningún caso ao seu escrito reclamatorio.

Sen prexuizo de todo o anterior, se algunha compañeira/o quere saber o número da escala de calquera traballador da administración de xustiza, os delegados da CIG si teñen acceso a todos os números  e tempo de antiguidade dos mesmos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing