Saltar ao contido principal

GARDAS DE 24 HORAS VIGO E A CORUÑA - OUTRO ENFOQUE É POSIBLE

Recentemente a CIG voltou a insistir aos grupos parlamentares galegos na necesidade de implementar en Vigo e A Coruña o sistema de gardas de 24 horas, por entender que resulta imprescindible a aplicacion de dito sistema de garda, a fin de mellorar a atención ao cidadán e rematar coa discriminación das dúas únicas poboacións do estado que a dia de hoxe, contando con máis de 8 xulgados de instrución (se temos en conta os de Violencia de Xénero), non teñen en funcionamento dito sistema de gardas.
Así mesmo, e empregando outro enfoque para a resolución desta eiva, por aquilo de que se "Mahoma non vai á montaña, terá que levarse a montaña a xunto Mahoma", a CIG propuxo ao Consello Xeral do Poder Xudicial que, xa que logo o sistema de gardas de 24 horas estaba sendo aplicado a todas as poboacións con máis de 8 xulgados de instrución, agás Vigo e A Coruña, resultaría máis lóxico encamiñar os esforzos en reformar o actual Regulamento de Aspectos Accesorios 1/2005 pola vía do artigo 48.1 de dito regulamento e, dese xeito, plasmar a realidade actual dos servizos de garda das poboacións de 8 ou máis xulgados de instrución, convertendo en ordinario o extraordinario, unificando os artigos 57 e 59 do xa citado regulamento.

Ligazón escritos grupos parlamentares galegos:

Ligazón escrito CXPX:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing