Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL SOBRE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS


Onte, xoves día 24, celebrouse unha Mesa Sectorial para continuar coa nova regulación das comisións de servizo e as substitucións, suspendida dende o ano 2017. Con caracter previo a Administración facilitou ás organizacións sindicais uns borradores  aos que a CIG fixo unha emenda total porque, ao noso entender, contradín o establecido no Regulamento de ingreso.
Somos as primeiras en entender a necesidade de darlle unha nova regulación a esas dúas figuras, sobre todo para facilitar a mobilidade dentro do mesmo corpo, pero é a nosa responsabilidade facelo respectando a normativa estatal e evitar que teñamos que ir modificándoas no futuro a golpe de sentenza, como pasou coa orde de substitucións vixente.
Para a CIG, o Regulamento de ingreso deixa claro que:

1.- só as prazas vacantes poden ser cubertas en comisión de servizo (art. 73.1)
2.- as comisións de servizo están contempladas para cando non se poda cubrir a praza por medios ordinarios ou extraordinarios de provisión ( art. 73.3), polo que parece establecer unha prevalencia das substitucións sobre as comisións.
Tendo isto en conta, solicitamos que remitan os borradores ao departamento xurídico para que emita informe sobre estas cuestións e se acheguen uns textos dunha legalidade menos cuestionable que os actuais.
Ademais, a CIG presentará alegacións por escrito acerca doutras cuestións:
-          Dado que o regulamento contempla que as substitucións cesarán cando se incorpore o titular ou cese a causa que a motivou, entendemos que non se pode establecer o cesamento por falta de desempeño efectivo superior aos 15 días.
-          A regulación das circunstancias especiais agora contemplada na regulamentación das comisións debe saír de aí e prantexarse doutro xeito, sempre no ámbito do Comité de Seguridade e Saúde. Asimesmo, debe incluirse o acoso sexual e a conciliación do persoal destinado fora de Galiza con fillos e fillas menores de idade residentes no noso país.
-          Distinta regulación para as atribucións de funcións do corpo de auxilio, contemplando o pagamento de todas as efectuadas.

Creación de novas prazas: con respecto a este particular a DX anunciou que se ofertarán as 28 prazas novas a comisión de servizos

Pagamento do cuarto punto á Secretaría dos Xulgados de Paz: a DX comunica que Facenda establece a necesidade de modificar o CAT para contemplar o pagamento dun punto que ven encadrado dentro do Complemento Xeral do Posto, polo que a CIG  manifestou as súas dúbidas ao respecto e solicitou que se nos remita o informe de Facenda para o seu estudo pola nosa asesoría xurídica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr