Grazas
á contundencia das alegacións presentadas pola CIG na mesa
sectorial do 24 de outubro, amparadas na lexislación vixente (LOPX e
Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción
do Persoal Funcionario ó Servizo da Administración de Xustiza)
a DXX ven de remitir unha proposta de modificación da Resolución do
7 de maio de 2008, pola que se regulan as substitucións entre
funcionarios ó servizo da Administración de Xustiza
eliminando dunha vez por todas a
grave discriminación, que por enfermar quince
días, afectaba ás
persoas en substitución.
A
outra cara da moeda é que a administración quere penalizar a
aquelas persoas que, unha vez adxudicada unha substitución,
renuncien a ela.
A
proposta de redacción do novo artigo 7 da Resolución sería:
“Artigo
7. Duración das substitucións e
cesamento do substituto.
1.
A substitución concederase por
un período mínimo de seis meses, sen prexuízo do cesamento do
substituto finalizará
cando se incorpore o/a
titular do posto ou remate a causa que motivou a substitución, así
como pola renuncia do substituto ou
pola falta de desempeño
efectivo da substitución durante quince días hábiles, agás no
caso de vacacións
amortización
da praza.
2.
Salvo renuncia do interesado, se o cesamento do substituto se
producise antes de acadar o
un
período mínimo de seis meses de
desempeño, este poderá facer valer
a súa preferencia nas seguintes necesidades de substitución, cando
menos ata completar o devandito período mínimo. En
todo caso, a renuncia á unha substitución, unha vez adxudicada
esta, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova
substitución durante o período dun ano. “
Agora
dispomos de cinco días para formular alegacións a esta proposta.
Comentarios
Publicar un comentario