Nas vindeiras semanas procederase á actualización da aplicación Minerva á versión 6.0.2.1 nos distintos partidos xudiciais de Galicia.
As principais novidades que presenta a versión que se vai despregar son as seguintes:
- Engádese unha nova funcionalidade de solicitude de minuta ao xuíz/maxistrado ou ao Letrado da Administración de Xustiza. A solicitude realizarase sobre un procedemento, un acontecemento ou sobre un escrito.
- Tarefas Pendentes: créase unha nova opción para realizar consultas de bandexa de mensaxería.
- Inclúese a opción de engadir as clases de rexistros definidas polo CXPX no rexistro dos procedementos.
- Engádense a posibilidade de decretar o segredo das actuacións nas xurisdicións civil, social e contencioso-adminstrativa.
- Permítese a especificación dunha o varias materias/delitos a un asunto.
- Engádese unha nova opción denominada "Anulación de asuntos" para a anulación dos procedementos rexistrados no propio órgano.
- Mellórase a devolución de asuntos (antiga baixa de asuntos) de procedementos xa incoados.
- Defínese a obrigatoriedade de modificar o nome dos documentos que conteñan palabras "prohibidas" no proceso de conversión a definitivos.
- Danse de alta novos procedementos de xurisdición voluntaria.
- Novo parágrafo sobre protección datos persoais nos documentos: Na última páxina de todos os documentos xerados en Minerva engádese automaticamente un parágrafo relativo á LOPD.
- Modifícase a funcionalidade de consulta de escritos para permitir a busca polo identificador de LexNet.
Ligazón novidades:
Comentarios
Publicar un comentario