A Dirección Xeral de Xustiza comunicou que o vindeiro venres, 18 de decembro, publicarase no DOG a resolución definitiva da adxudicación das axudas de acción social do ano 2020. As interesadas/os terán que consultar na OPAX a concesión de dita axuda.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario