Despois de innumerables peticións e ter iniciado, días atrás, unha campaña de presentación de reclamacións e queixas, polo anómalo e errático funcionamento da preselección de persoal interino realizada entre os distintos Servizos de Xustiza e o Servizo Público de Emprego de Galiza, por fin a Dirección Xeral convocou tanto a mesa sectorial como a comisión paritaria de persoal interino para o vindeiro luns 24 de maio. A ver se tras estas reunións se pon en marcha a nova bolsa de persoal interino e, a preseleccion deste mesmo persoal procedente do SPEG, se fai respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade establecidos na Constitución e no TREBEP.
Comentarios
Publicar un comentario