Saltar ao contido principal

O TXUE ANULA EN PARTE A LEI 20/2021 SOBRE TRABALLADORES INTERINOS

Bruxelas non acaba coa norma no seu conxunto, pero anula un dos apartados máis controvertidos da normativa que permite a empregados públicos eventuais entrar na carreira do funcionariado sen tomar parte nunha oposición.

A Xustiza europea responde así a unha cuestión prexudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León respecto ao caso dun traballador que, durante sete anos, ocupou como interino o posto de veterinario coordinador na comunidade autónoma, con nivel de grao persoal 24 pero que, ao obter praza de funcionario de carreira nun proceso de consolidación, obtivo un posto de nivel 22.

O novo funcionario reclamou máis tarde a consolidación do grao obtido como interino pero a autoridade rexional denegou tal solicitude ao considerar que non era posible consolidar o nivel de postos desempeñados de maneira provisional, razón pola que o traballador acudiu aos Tribunais.

A corte castelán leonesa pregunta agora á Xustiza europea como interpretar a norma no marco comunitario, dado que a consolidación supoñería o ascenso do traballador a unha posición superior á que resulta do posto do que é titular definitivo, en contra da lexislación autonómica.

Na súa sentenza, o TJUE aclara que o acordo marco europeo sobre traballo de duración determinada “oponse a unha normativa nacional en virtude da cal, a efectos da consolidación do grao persoal, non se teñen en conta os servizos que un funcionario prestou como interino antes de adquirir a condición de funcionario de carreira”.

Engade que a situación do traballador, cando era interino, era “idéntica” á súa situación como funcionario de carreira, en canto “as funcións de veterinario coordinador, á titulación esixida, ao réxime, ao lugar e ás demais condicións de traballo”.

A sala europea conclúe que, a súa situación debe compararse coa dun funcionario que ocupe o devandito posto con carácter definitivo, e apunta que procede considerar que a situación dun funcionario interino, como a do traballador en cuestión, antes de adquirir a condición de funcionario de carreira, é comparable á dun funcionario que ocupe, con carácter definitivo, o mesmo prosto que ocupaba dito interino. 

Ligazón INAP:

https://laadministracionaldia.inap.es/noticia.asp?id=1512975

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr