Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - A CORUÑA, FERROL E ORTIGUEIRA

Identificador da oferta:

12/2022/8227
Detalles:
REQUIRESE 8 POSTOS DE TRAMITADOR/A PROCESUAL (C1) PARA AS LOCALIDADES DE: A CORUÑA (5), FERROL (2) E ORTIGUEIRA (1). REQUISITOS: NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: BACHARELATO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CODIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CODIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARÁNSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PUBLICOS DE EMPREGO, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA (40) E POSTERIORMENTE COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES (39).
Cargo:
TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.