Saltar ao contido principal

NOTA INFORMATIVA SOBRE INMINENTE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE INTERINOS

Unha vez entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade coa disposición transitoria segunda da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. 

Aquelas persoas interesadas en quedar en situación de suspensión de chamamentos, conforme ao establecido no artigo 16 da Orde, poden cursar a dita solicitude coa  documentación acreditativa necesaria a partir de hoxe, e ata cinco días hábiles tras a  publicación das listaxes, por correo electrónico ante a xefatura territorial correspondente. 

A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas bolsas. Recórdase que o persoal interino que estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar novamente a suspensión xa que non pasarán a esta situación de forma automática. 

En relación ás renuncias, todas aquelas persoas que presenten a renuncia, tanto sexan integrantes das bolsas actuais como persoal procedente do SPEG, antes da entrada en vigor das novas bolsas, serán expulsadas das anteriores sen que isto afecte á súa situación nas bolsas novas. 

A renuncia presentada unha vez entren en vigor as novas bolsas suporá en todo caso a exclusión nestas. 

Por último, en relación ao proceso iniciado para a elección de bolsa, cómpre ter en conta que o persoal que integra as listas de baremados, unha vez cesen no posto de traballo para o que sexan chamados, volverán ao mesmo posto que ocupaban na lista con independencia do tempo traballado. 


A continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais:

Xefatura Territorial da Coruña,  Servizo de Xustiza

Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal Tfno. 981 184 472/ 981 184 456 

Xefatura Territorial de Lugo,  Servizo de Xustiza

Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal Tfno. 982 294 308/ 982 29 49 95 

Xefatura Territorial de Ourense,  Servizo de Xustiza 

Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal Tfno. 988 386 408 

Delegación Territorial de Vigo,  Servizo de Xustiza

Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal Tfno. 986 817 716/ 986 817 788
 

Ligazón nota informativa:

https://drive.google.com/file/d/1L3yVIPf7kJ92x9Ctlin78Uu4AzyOVcqd/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr