Saltar ao contido principal

FOLLA INFORMATIVA SOBRE AS VALORACIÓNS DA FASE DE MÉRITOS

Sobre as valoracións para a fase concurso de méritos dos apartados:

A. Títulos e graos académicos:
Ditas titulacións serán consultadas nas bases de datos do Ministerio de Educación, polo que non será necesario achegar os títulos correspondentes.

C. Cualificacións de exercicios en procesos anteriores:
Serán achegadas de oficio por parte da Administración, polo que non será necesario que as persoas opositoras soliciten certificados de notas.

D. Servizos prestados na Administración de Xustiza:
A acreditación do tempo de servizos prestados como funcionarios interinos na Administración de Xustiza, no ámbito do Ministerio de Xustiza, achegarase de oficio polo órgano competente. Con todo, cando a persoa aspirante achegue méritos como persoal interino en distintos territorios daquel polo que se presente, poderá achegar xustificante do tempo prestado como persoal interino ou substituto neses territorios ou no seu caso, e de non obrar no seu poder, xustificación de ser solicitados ao órgano certificante, para así poder ser adecuadamente baremados para a lista provisional de méritos que se emita, axilizando o proceso de baremación dese mérito. En todo caso, reclamarase de oficio pola Administración convocante ás Administracións en cuxo poder obren eses datos.

Todo iso a condición de que as persoas opositoras non marcasen a casa correspondente no formulario de inscrición pola que se denega a autorización á Administración para a consulta dos seus datos. 

No caso de que a información proporcionada pola administración non coincida coa que obra en poder das persoas opositoras, unha vez publicadas as listas provisionais de méritos, abrirase un prazo de alegacións para as correccións.

Todos os méritos valoraranse ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1EsKW18P8ghYrphDHUGEd6khKm7MCC8z8/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr