
O Ministro de Xustiza que estivo en Vigo de visita Oficial na toma de posesión do novo Fiscal Jefe da Area de Vigo, prometeu que Vigo teria un Xulgado de Mercantil, ainda contra o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, pois segundo él existe esa posibilidade. Dende a CIG esperamos que o Sr, Ministro cumpra coa promesa, que non faga como a Srª Teresa Casal,candidata do PSOE a alcaldia de Pontevedra, ou o Sr Julio Iglesias daquela Director Xeral de Xustiza, cando en plena campaña electoral das Municipais, prometeron en Pontevedra, a creación do Xulgado exclusivo de Violencia de Xenero, e despois quedou en nada. Esperemos que esta vez as palabras do Ministro non sexa un farol electoral.
Ver a noticia na prensa A Voz Faro de Vigo Atlantico diario
Comentarios
Publicar un comentario