Saltar ao contido principal

"OFENDE QUE ALGUEN QUE GAÑABA 3000 MILLÓNS E AGORA 2500 POIDA DESPEDIR

Faro de Vigo 26/02/2012. Entrevista ao Maxistrado do Social de Pontevedra D. Fernando Cabezas.

    Preocúpalle o elevado grao de discrecionalidade que outorga a nova reforma laboral aos empresarios e a posible indefensión dos traballadores. A súa experiencia ao fronte dun xulgado do Social lle ten permitido constatar que non sempre as causas obxectivas dun despido son tal e que, en non poucas ocasións, as rescisións de contrato esconden motivos extralaborais.

- Os sindicatos falan "dos maiores recortes de dereitos laborais da época democrática"  e "dun retroceso de 30 anos" nas relacións no traballo, ¿comparte esta valoración?

– Teñen a súa parte de razón. No que son as relacións laborais desapareceu a intervención, a tutela da administración, por exemplo, nos despidos (antes os colectivos tiñan unha tramitación administrativa que agora non) que actuaba como filtro. Os sindicatos perden forza en relación aos empresarios. A regulación de convenios superiores, que marcan as directrices, perden peso e impóñense os de empresa. O equilibrio que había entre patronal e suxeitos colectivos decantouse claramente cara un lado (empresarios). Deixase nas mans do empresario decisións moi importantes, que antes tiñan límites, como modificar o salario. É un risco. Ese retroceso á hora de limitar facultades negociadoras existe.

– ¿Qué perden os traballadores con esta desregularización?

– Perden seguridade. A lei decántase pola flexibilidade. Falamos da mobilidade dos traballadores, dos salarios, das funcións… Os xulgados do Social quedan como recurso para evitar que as facultades dos empresarios no centro de traballo non se convirtan nun abuso. Son situacións que antes tiñan un maior control por parte dos xulgados porque a discrecionalidade dos empresarios era menor. Agora a liberdade do empresario é moito máis grande e o risco maior.

– Goberno e empresarios falan dunha reforma equilibrada, ¿En qué aspectos o sería? ¿Cales son os seus beneficios?

– O conflicto entre sindicatos-traballadores e empresarios existe xa que hai unha parte débil e outra poderosa e iso non é equilibrio. Entendo que a finalidade da reforma é positiva –o fomento das contratacións– pero tamén entendo que non se vai a cumprir, ogallá me equivoque, por dúas razóns.  A primeira, porque para crear emprego tería que haber políticas de crecemento e o Goberno está a dicir que entraremos en recesión. Parece que non encaixa o de crear traballo cando no hai crecemento. A segunda, o abaratamento do despido e a facilidade para facelo, tampouco creo que anime a crear emprego. Hoxe por hoxe falamos de boas intencións; que se traduzan en realidades o tempo o dirá.

– Abaratase o despido e os ERE xa non deben pasar o control da autoridade laboral ¿prevé una cascada de casos nos xulgados do Social ou a xente irase á rúa en silencio?

– Desde a perspectiva de Pontevedra vimo tendo e arrastramos xa un volume moi grande de rescisións laborais. A actual reforma profundiza en aspectos que xa existían antes. Unha empresa con problemas económicos podía despedir e facelo con vinte días, ¿qué pasaba? Que as empresas comunicaban mal, non viñan aos xulgados a demostrar esas causas e preferían aceptar que eran despidos improcedentes. Se unha empresa de 20 traballadores para que se manteña ten que despedir a cinco, faise. Pero agora vaise a producir unha situación moi complicada de entender para os traballadores: antes podían asumir que fose necesario, pero agora pódente despedir porque vou a gañar menos. Traballo aquí todos os días, cumpro e porque ti gañas menos eu téñome que ir á rúa. Paréceme una ofensa que un empresario que gañaba 3.000 millóns, porque agora gañe 2.500 poida ter unha razón para despedir. Non sei como responderán os afectados.

– ¿Qué pode facer un traballador ante esta realidade?

– Pouco. Agora os empresarios poden despedir sen problemas. Eu escoitei a un dirixente da patronal dicir que a causalidade existe, que non falan dun despido libre. Deixaba entrever que tiña que existir unha causa para o despido e que podía ser contrastada por un tribunal. Pero, escoitando a uns e a outros, todo se desdibuxa.

– Antes os empresarios estaban interesados en solucionar as rescisións laborais, tiñan presa, porque alongar o proceso costáballes cartos. ¿Cree que a eliminación dos salarios de trámite deixará aos traballadores nun limbo?

– Vai crear un escenario de conflicto distinto. Os traballadores perden unha arma de negociación e por iso tamén hai xente que aventura una desincentivación dos traballadores de acudir aos tribunais.

– ¿Discrepa dos augurios que apuntan a que os xulgados vanse a colapsar a curto prazo?

– Os despidos colectivos vanse a ver nas Salas dos Tribunais Superiores, aquí no TSXG. Os individuais seguirán en mans dos xulgado do social ¿Aventurar un pronóstico? O tempo despexará a incógnita, pero de seguro recorreranse os despidos e os tribunais teremos máis dificultade en atopar a causa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr