Saltar ao contido principal

PRESENTACIÓN DE ESCRITOS EN REXISTROS ON LINE

 A fin de que todas/os teñades a información máis ampla posible de como facer a presentación de escritos a través dos rexistros on line, tanto da Administración Xeral do Estado como da Xunta de Galiza, nas ligazóns e imaxes que abaixo vos deixamos, tedes un resumo dos códigos daquelas administracións as que con máis frecuencia nos diriximos no noso sector.

Tede en conta que ao ser "ventanilla única" pódense presentar escritos dirixidos a calquera administración pública, ben empregando a páxina da Administración Xeral do Estado, ben a páxina da Xunta de Galiza.

Ligazón AXE:

https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

Ligazón XUNTA:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica

Tamén existe en correos adamáis do vixente sistema de correo certificado o sistema ORVE para presentación de escritos telemáticos dirixidos a administración. O problema e que non todos os organismos da administración están dados de alta en ORVE.

Ligazón ORVE-CORREOS:

https://www.correos.es/ss/Satellite/site/producto-orve_empresas-productos_az/detalle_de_producto-sidioma=es_ES# 

Tamén e importante que saibades que os documentos que queiramos presentar poden ser asinados electrónicamente empregando o certificado dixital que temos na nosa tarxeta identicativa. Para iso podese usar o programa Adobe Acrobat, a aplicación Autofirma que temos nos nosos ordenadores e a páxina web de VALIDe.


 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr