Saltar ao contido principal

AVISO AS/OS MUTUALISTAS ADSCRITOS Á ENTIDADE MÉDICA CASER

A MUXEXU informa a todas as/os mutualistas adscritas á entidade médica CASER que esa compañía non vai subscribir a prórroga do Concerto de Asistencia Sanitaria para 2021, polo que se fai necesario o cambio de entidade médica. Con obxecto de facilitar este obrigado trámite, MUGEXU vai proceder a ampliar o período anual de cambio ordinario de Entidade para os mutualistas acollidos a CASER a partir do 1 de decembro de 2020. Este prazo especial ampliado de cambio de entidade ordinario abarcará desde o 1 de decembro de 2020 ao 31 de xaneiro de 2021, período no que os mutualistas deberán elixir entre recibir asistencia sanitaria a través dalgunha das outras compañías aseguradoras que seguen a manter o concerto con MUXEXU: SEGURCAIXA ADESLAS, ASISA, DKV SEGUROS, MAPFRE, NOVA MUTUA SANITARIA, SANITAS ou a través dos Servizos de Saúde da Comunidade Autónoma respectiva onde se resida (opción INSS). O cambio á nova entidade médica farase efectivo a partir do 1 de febreiro de 2021. Ata esa data, as/os mutualistas continuarán recibindo a asistencia sanitaria a través de CASER, como ata o de agora. A MUXEXU está a traballar nun procedemento áxil, a través da sede electrónica, para que facilitar o cambio de entidade médica, sen necesidade de desprazamentos ás oficinas de MUGEXU. Nos vindeiros días informarase do procedemento fixado para realizar este cambio.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr