Saltar ao contido principal

A CIG SOLICITA A AMPLIACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL DE LALÍN E DA ESTRADA

A CIG ven de solicitarlle á Dirección Xeral de Xustiza que aumente os cadros de persoal dos xulgados de Lalín e da Estrada toda vez que os mesmos están totalmente descompensados tendo en conta a carga de traballo que teñen e o numero de traballadoras/es comparado cos que existen noutros órganos mixtos da provincia de Pontevedra. 

O xulgado número 1 de Lalín ten un cadro de persoal de 2 xestores, 3 tramitadores e 1 auxilio e leva os casos de violencia de xénero, polo que é evidente que debe de dotárselle dun auxilio máis, como é a pauta xeral en todos os xulgados mixtos.

O caso máis grave e o do xulgado número 1 da Estrada que ten un cadro de persoal de tan só 2 xestores, 2 tramitadores e 2 auxilios e leva nón só os casos de violencia de xénero se non tamén o rexistro civil. Polo tanto é necesario aumentar o cadro de persoal deste órgano en dous tramitadores máis. O xulgado numero 2 da Estrada tampouco esta moi ben dotado, posto que ten un cadro de persoal de 2 xestores, 2 tramitadores e 1 auxilio, e por iso solicitouse o aumento do cadro de persoal nun tramitador e nun auxilio máis.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1cJZVf4tif5y3R00Rslo6od8-SHZ8lmqm/view?usp=sharing

Ligazón La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2023/09/13/denuncian-falta-personal-juzgados-lalin-estrada/0003_202309D13C3995.htm

Ligazón Faro de Vigo: 

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2023/09/13/cig-exige-cuatro-trabajadores-juzgados-92024064.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".