As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro / decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente: do 5 ao 25 de setembro.
Ligazón:
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_gl.html
Comentarios
Publicar un comentario