Saltar ao contido principal

DENUNCIA SOBRE AUSENCIA DE PROTOCOLO DE EVACUACIÓN NA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

Resulta inaudito que as administracións implicadas permitiran a entrada de traballador@s no edificio da "Cidade da Xustiza" antes de que o mesmo pasara a inspección do Servizo de Prevención e Riscos Laborais, como solicitou a CIG no seu día, a fin de detectar e correxir os múltiples defectos dos que adolece o novo edificio xudicial (inexistencia do plan de evacuación, no hai planos de ubicación nos distintos andares, incorrecta ubicación dos extintores e sinais, carencia de previsión de simulacros, etc). Culpable de todo isto é o Concello de Vigo por darlle á consellería o permiso de primeira ocupación e, por suposto, culpable é a Dirección Xeral de Xustiza e, en último termo, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por forzar o traslado do persoal moito antes de que o edificio estivera realmente rematado e cun correcto funcionamento dos seus sistemas. Pois ben, este pasado venres, 15 de setembro, saltou outra vez a alarma contra incendios e, menos mal que a mesma foi unha falsa alarma, por que o sistema de evacuación do edificio non funcionou en absoluto, xa que os avisos de advertencia non se escoitaron a partir do 3º andar dos 18 que ten o edificio e, polo tanto, 15 andares, máis o edificio anexo, servizo de garda e o xulgado de violencia quedaron sen evacuar e o persoal e cidadans que se atopaban nas ditas dependencias seguiron sen máis coas súas tarefas. De ter sido unha alarma real teriamos 15 andares sen evacuar, máis o edificio anexo, e unha desgracia monumental pero claro, os cargos politicos acaban de salvar o seu pelexo porque so foi unha falsa alarma do sistema de seguridade e así estaremos ata o seguinte susto.

Ligazón "Diario Atlántico":

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/desalojada-cidade-da-xustiza-vigo-falsa-alarma/20230915112005999667.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración