Saíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 7 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais
de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao
servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 24 de agosto de 2023, publicada na intranet o 25/08/2023.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 12 de setembro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1Ml7yEFS-1lzotyZMiIyNAtMC-jULTXSK/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario